Hai tantas formas de axudar coma maneiras que queira unha empresa de mellorar. O que eu che ofrezo é a posibilidade de que camiñemos xuntos na nosa andaina profesional. Cóntame o teu problema, que o primeiro (e, ás veces, máis importante) que hei de facer é escoitarte.
photo credit: Anthony Albright
Despois deseñaremos xuntos unha estratexia a seguir en función dos obxectivos que marquemos como axeitados.
Outras veces o que che hei de dicir non che ha de gustar, pero creme que, se cho digo, é polo teu ben. E polo meu.
Porque neste camiño, as únicas relacións que merecen a pena son aquelas nas que ámbalas dúas partes ganan.
Poño ao teu servizo todos os coñecementos que adquirín durante a miña formación teórica, as destrezas e técnicas da miña formación práctica e a ilusión polo traballo ben feito.
Pero, se queres, tamén che podo resumir en qué che podo axudar: a que digas “o que tes que dicir, pero mellor”
Eis aquí as cousas que fago. Comprobarás que teño un perfil bastante polivalente e quizáis algunha das tarefas que enumero sexan do teu agrado! E se algunha delas non está na lista, contacta comigo e veremos en qué che podo ser de utilidade…
- Deseño e actualización de webs
- Xestión de Comunidades on-line
- Deseño de imaxe corporativa
- Newsletter
- Magazine (electrónico ou en formato papel)
- Vídeo corporativo
- Formación en Novas Tecnoloxías
Aínda que o que che recomendo é que fales comigo. Nunca se sabe en qué che podo ser de utilidade…







