Xabier Martínez Rolán é licenciado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Vigo.
Este é Xabier Rolán antes de ter barba. Sí, ese día facía bastante frío. Sei que teño que actualizar a foto, pero é algo que me dá preguiza…
Aos sete meses de vida xa sabía gatear e encender e apagar a televisión, o que pode dar unha idea sobre o moito que lle gusta o mundo da imaxe e do son.
Con dezasete anos, seus pais mercáronlle un ordenador e dende entón xa non se despegou deles. É por iso polo que disfruta tanto co mundo das webs.
Curioso por necesidade, é un ser moi sociable que, unha vez descubertas as redes sociais, conseguiu que traballar a pasalo ben fosen a mesma cousa.
Se ti, estimado lector, tes algunha dificultade coa comunicación da túa empresa ou pensas que @xabierrolan che pode axudar a comunicar mellor o que teñas que dicir ao mundo… non dubides en contactalo! (nunca sabes en qué che podería axudar)







